30 may 2014

FERIA DO LIBRO 2014


DATAS: Do 3 ao 8 de xuño

LUGAR:Alameda do Concello

HORARIO:11:30- 14:00 / 17:30- 21:00






E ADEMÁIS....




ACTIVIDADES ORGANIZADAS DENDE A BIBLIOTECA PÚBLICA DE OURENSE PARA O PÚBLICO INFANTIL NO MES DE XUÑO


ACTIVIDADES NA FEIRA DO LIBRO. A biblioteca estará presente na Feira do libro de Ourense con unha caseta e dúas actividades para pequenos:
Mércores 4 ás 18:30. CHIQUICLUB. “Pura palabra” con Sole Felloza. Actividade para nenos de 1 a 3 anos.
Sábado 7 ás 18:30. “A maleta da avoa” con Raquel Queizás. Actividade de animación para nenos de máis de 3 anos.

A CHIQUITECA.  Actividades destinadas a rapaces de 1 a 3 anos. Xoves  alternos ás 17:30. Por favor, prégase puntualidade.
    Xoves 12:   “Soñei que era Avoa Youja” con Avoa Youja.

CONTIÑOS CON SUSANA. Martes 3 e 10 ás 18:30. Susana propón actividades de animación á lectura para rapaces de 4 a 7 anos. Prazas limitadas.  

SÁBADOS DA BIBLIOTECA: Sábados ás 11:30. Actividades lúdicas e instrutivas para os rapaces entre 3 e 12 anos.   
  7 e 14 de xuño: CONSTRUIMOS OS NOSOS CONTOS ILUSTRADOS con Gargallando.  Fabricaremos os nosos libriños ilustrados e afondaremos en tódalas fases da creación: texto, personaxes, deseño de páxina, realización das ilustracións, diferentes técnicas, montaxe e encadernación. Para nenos de 7 a 11 anos. Prazas limitadas.

KIDS ENGLISH CLUB.  Luns 2 de xuño ás 18:30. O primeiro luns de cada mes facemos xogos e animación  en inglés. Rapaces de 8 a 10 anos. Precisa inscrición.

CLUB DE LECTURA INFANTIL. Venres 13 de xuño ás 18 horas. O club dos libros reúnese con Natividad o segundo venres do mes.


Este mes de xuño pon fin, ata outubro, ás actividades habituáis da biblioteca. Feliz verán cheo de libros!!